Anos de experiencia
adicados ó sector do ocio
Creamos atraccións
divertidas e atractivas
Traballamos día a día para ofrecer o mellor e innovar
Galiocio é unha empresa consolidada no sector do ocio infantil, creando nosa propia liña de produtos de fabricación propia.
Dende 1995 vimos amosando e demostrando a nosa capacidade para organizar festas infantís, con eventos por toda Galicia.
A nosa meta e conseguir que os nenos disfruten dunha experiencia inolvidable. Para elo contamos cun cadro de personal especializado e numerosas e diversas atraccións; tanto inchables, mecánicos, xogos, obradoiros…
Todos os nosos inchables son fabricados por nos, en base a toda a experiencia acumulada durante todos estos anos de traballo con nenos, buscando o que máis lles gusta e logo facendoo realidade.
¿Para quen?. Nosos clientes
O percorrido pola nosa dilatada traxectoria amosa unha amplia carteira de clientes, e de diferentes tipos: concellos, colexios, comisións de festas, asociacións, fundacións, empresas, particulares, etc.
A nosa misión e obxectivo e seguir esforzándonos e traballando a cotío para seguir satisfacendo as necesidades de todos eles.